URBAN DINAMIZA é un proxecto de Urban Ferrol, promovido polo Concello de Ferrol, e cofinanciado nun 80% polo FEDER.
O seu obxectivo é a rexeneración urbana, social e económica de Canido, Ferrol Vello e A Magdalena.
ma_17_musicos
ca_04_baile
fv_08_repichoca

O último

Homenaxe aos vellos cantores ferroláns na Magdalena

Relato da actividade organizada neste proxecto, o Urban Dinamiza na Magdalena, praza de Armas, sábado 6, 20:30

Despois da exitosa celebración dos principais eventos do programa de dinamización social da Oficina Urban do Concello de Ferrol (Urban Dinamiza) no pasado mes de xullo en Ferrol Vello e Canido, chegaba o momento do barrio da Magdalena, no centro de Ferrol.

O pasado sábado 6 de outubro celebrábamos un Festival Homenaxe aos cantantes míticos de Ferrol. A aqueles vocalistas de diferentes orquestras —algúns deles aínda en activo— que tiñan levado o nome da nosa cidade polo mundo e facendo honra á coñecida afección ferrolá ao cante.


Ler máis »

Música e danza en Canido

Relato da actividade organizada neste proxecto, o Urban Dinamiza en Canido, sábado 14, 20:00

Desde as oito da tarde até as doce da noite —e algo máis tarde para algúns— a música e a danza paseáronse polas rúas de Canido para irse acomodando, pouco a pouco, nas tabernas do barrio.

Namentras, desenvolvíase un obradoiro de xogos para os nenos e nenas que, ademáis de facer as delicias dos máis pequenos —algúns deles non se querían marchar ás once da noite— permitían aos seus pais e nais participar na xornada degustando os xenerosos pinchos que dispensaban as tabernas.


Ler máis »

E a Praza Vella encheuse de festa

Relato da actividade organizada neste proxecto, o Urban Dinamiza en Ferrol Vello, sábado 7, 20:00

Nun ambiente de festa, os nenos  e nenas comezaban a desperezarse coas músicas infantís e a animación do dúo Gulubú. Progresaban, desde unha incial timidez, na que se miraban os uns aos outros, até a alegría compartida por artistas, pais e nais… “Si tú tienes muchas ganas de aplaudir, plas plas. Si tú tienes la razón, y no hay oposición, no te quedes con las ganas de aplaudir…”.

Namentras, aquela choiva que fixera aparición desafiante un par de horas antes, desaparecía. Porque ás sete da tarde chegara a cundir o desánimo e comezabanse a facer plans de como e a quen doar aquelas sardiñas que semellaba se salvarían das brasas… Algún mariñeiro dicía “que non home, que ás oito da noite para de chover”. Trabucábase nun cuarto de hora e, coma por arte de maxia, a Praza Vella enchíase de xente desde as oito e cuarto até acabar coas existencias e os folgos.

Ler máis »

Recopilación de imaxes antigas dos barrios

Estamos a facer unha recopilación de imaxes antigas dos barrios, se tes fotografías que reflexen como era a fisonomía das nosas rúas noutros tempos, achéganolas e participa na galería que estamos a elaborar. Ponte en contacto con nós cumprimentando o formulario.

Canido, Sábado 14, 20:00

Música, danza e xogos cooperativos
Cancións nas tabernas e degustación de pinchos

No Cruceiro
Sábado, 14 de Xullo do 2012, 20:00

Programa (podes descargar o cartel e o folleto):

Música, Danza e Pasarrúas con Agrupación musical “Os Xotas” A.F.C “Donas e Galáns”

Obradoiro de xogos cooperativos (20:30 a 22:00 na A.R.D Canido).
Actividade lúdica na que nenos e nenas aprenderán a facer un xoguete con material reciclado e se divertirán con xogos tradicionais, potenciando a habilidade e o inxenio.

Cancións tradicionais en todas as tabernas do barrio e degustación de pinchos.

Colaboran:

  • Asociación de Veciños de Canido
  • A.R.D Canido
  • As tabernas do barrio: A Billa, A Cándida, A Nogueira, Rías Altas, Tapas, El Baluarte e Seijo.

Xa temos colgada a historia da actividade

 

Ferrol Vello, sábado 7, 20:00

Concerto infantil e repichoca
Sardiñas e chourizos

Na praza Vella
Sábado, 7 de Xullo do 2012, 20:00

Programa (podes descargar o cartel e o folleto):

GULUBÚ (concerto acústico infantil)

Al Vila e Helga Méndez interpretarán cancións infantís tradicionais animando a participación dos máis pequenos no canto e no baile.

Repichoca (micrófono aberto)

Sucederanse interpretacións musicais de cancións tradicionais do barrio. Para encher a praza de festa. Para que cantemos todos e todas.

SARDIÑAS E CHOURIZOS para acompañar a velada.

Colabora a Asociación de Veciños de Ferrol Vello.

Non te perdas o relato do acontecido

Seguir este blog

Recibe aviso de cada artigo novo no teu correo electrónico.